As cartas boca arriba

AROUSA

Partamos da constatación de que este debate chega tarde, como tantas outras cuestións que definen o presente e o futuro de Vilagarcía. Disque o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. Polo visto, aquí debe de haber un tremendo con chantado nalgures, porque a contumacia nos mesmos erros é digna de Sísifo, aquel grego da mitoloxía condenado a facer arrolar costa arriba unha e outra vez a mesma rocha. Houbo tempo, moitos anos, para buscar unha solución que, incluso a través de Valle-Inclán, respondese cabalmente a unha visión global de cidade. Teimar en que non pasa nada, porque o tráfico ferroviario será moi cativo, supón un absurdo de principio, xa que o lóxico é que a presenza dos raís tire da demanda do tren. Así debeu comezar todo, coas cartas boca arriba. Outra vaca no millo.