¿Auga pasada?

AROUSA

Houbo un tempo no que Protección Civil de Vilagarcía competía con razoable éxito co servizo comarcal de bombeiros. Mimada polos sucesivos gobernos de Gago, a agrupación medraba en medios e confianza. O Concello suplía así as carencias dun corpo profesional que, para empezar, nin sequera ía ter a súa sede la capital do Salnés, malia ser o único municipio do seu entorno obrigado por lei a protexer os seus cidadáns fronte as emerxencias. O prezo a pagar por esta peculiar situación foi unha radical mestura, na que resultaba moi difícil distinguir onde remataba o sistema municipal e onde comezaba o labor dos voluntarios. Pouco importou nada disto diante da súa boa resposta fronte os incendios e as choivas do 2006. Pero chegou o bipartito e mandou parar. E será complicado que alguén poida mover xa un muíño privado de auga.