Pasen sen chamar

Rafael Rodríguez

AROUSA

Fai pouco, no mundillo arqueolóxico galego, xurdía certa polémica entorno ao papel social que debe desenvolver a nosa disciplina. Dunha banda, o sector máis academicista propoñía que as intervencións debían cinguirse ao mundo científico, para evitar unha teórica mercantilización da Arqueoloxía.

Contra desta opinión, unha serie de novos arqueólogos considerábamos, e consideramos, que o noso traballo debe ser dado a coñecer ao público en xeral, escapando do oscurantismo académico de onde só saen artigos para un público determinado e moi específico.

Por elo, a través de intervencións como a que a Deputación de Pontevedra promove no Monte do Castro (Ribadumia) e antes na Lanzada (Sanxenxo), así coma as executadas por outros compañeiros no Alto da Cruz (Cotobade), ou fai anos en Neixón (Boiro), invitamos a que a xente pase sen chamar ao noso pasado, ferramenta indispensable para «facer país», protexer o patrimonio arqueolóxico de Galicia, potenciar a nosa identidade e buscar novos atractivos -sexan turísticos, históricos ou económicos- para os nosos municipios e bisbarras.

7.500

Un rico yacimiento.

La lista incluye 36 piezas de bronce y 5 de hierro. También 132 líticos como molinos de mano, moldes para fundición y una pieza para atar el ganado.