Seisollos Teatro estréase no Grove cunha homenaxe a Lois Pereiro

D.F. < / span>

AROUSA

20 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

? «Deixar na terra algo de min» é un dos versos máis celebrados do poeta Lois Pereiro, a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. E ese é precisamente o título do espectáculo co que se estrea a compañía teatral Seisollos.

A montaxe, na que a compañía fai unha interpretación libre da poesía radical de Lois Pereiro, poderá verse esta fin de semana no Grove en dúas funcións, ambas con entrada de balde. Mañá, ás 21 horas na casa de cultura de San Vicente, e o domingo, ás 13 horas, na praza de Arriba.

A recén creada compañía está formada pola actriz grovense Iria Parada e por Andrea Paz e Leo Sangabriel, todas elas formadas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.