15 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Con só 6 puntos de separación entre outros tantos equipos, o «goal average» antóllase vital ante probables empates na clasificación final da Liga. Faltando aínda oito enfrontamentos directos, este é un factor pendente de dilucidar en gran medida, se ben xa hai varios capítulos pechados. Polo que respecta aos conxuntos arousáns, o Céltiga xa sabe que ten o «goal average» a favor co Cambados, igualado co Ribadumia e perdido co Marín. O Cambados teno en contra co Céltiga e empatado co Atios. O Ribadumia quedaría por riba nun hipotético empate a puntos co Arousa e tería que ir á diferenza no balance ataque/defensa co Céltiga. E o Arousa teno gañado co Atios, perdido co Ribadumia e neutralizado no caso do Marín.