06 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.
A selección galega Novacaixagalicia de Match Race, liderada pola pontevedresa e regatista do Liceo Casino Tamara Echegoyen, comparte desde o luns e ata hoxe unha concentración de traballo no Centro Galego de Vela co equipo portugués da mesma clase formado por Rita Gonçalves, Mariana Lobato e Diana Nieves.
En Vilagarcía, galegas e lusas iniciaron a súa adaptación ás novas embarcacións coas que traballarán de cara á clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. Unha cita esta na que os Elliot 6 M de deseño neozelandés serán o modelo oficial. Os barcos chegaron a Vilagarcía o 30 de decembro tras 40 días de transporte desde China.