O BNG leva ao Parlamento a expulsión dos seus edís da comisión do POL de Vilanova


vilagarcía/la voz.

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia Bieito Lobeira preguntou onte na Comisión Segunda de Ordenación do Territorio do hemiciclo autonómico pola expulsión dos membros da formación nacionalista da comisión de seguemento do Plan de Ordenación do Litoral (POL) en Vilanova. Unha expulsión ordeada pola xunta de goberno municipal, con maioría do PP.

Lobeira manifestou que dita actuación «vulnera a legalidade en materia de administración local», atribuíndo a drástica medida do goberno local dirixido por Gonzalo Durán a «unha publicación do BNG moi crítica co POL, sobre todo en Vilanova por estar especialmente afectado».

O parlamentario do BNG cualificou a expulsión de «feito estremadamente grave», e solicitou a «intervención da Xunta porque ningún texto legal recolle o dereito dun alcalde do PP a exluír o BNG de calquera órgano municipal de representación plural».

O director xeral de Administración Local, José Norberto Uzal, restoulle importancia ao suceso, que valorou como «de carácter informal». Lobeira respostou reclamando a documentación remitida polo Concello sobre o acontecido a fin de esclarecer as responsabilidade do alcalde.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O BNG leva ao Parlamento a expulsión dos seus edís da comisión do POL de Vilanova