«Pretendo sacar o máximo proveito estético de cada persoa»

J. M. Sande

AROUSA

Dirixe a perruquería e o salón de beleza Koletas, en Santiago de Tal, que nestes días cumpre un ano. Este local é a súa primeira experiencia empresarial, e nel, fanse todo tipo de labores estéticas, desde cortes de pelo ata masaxes e depilacións.

-¿Que a empurrou a facerse perruqueira?

-Desde moi pequena sentinme atraída por esta profesión. Despois de formarme en Santiago e traballar un tempo como asalariada, animeime a instalarme no pobo onde nacín. -¿Que é o que máis lle agrada desta profesión? -Gústame contribuír a que a xente se sinta ben co seu físico. Pretendo sacar o máximo proveito estético de cada persoa, pero sempre aspirando a que o cliente entenda o que se lle fai, e se guste co aspecto co que sae da perruquería. -¿As clientas déixanse aconsellar polas súas indicacións? -Os máis novos, tanto homes coma mulleres, son máis fáciles de aconsellar. Aos maiores é máis difícil convencelos dos cambios, que entendan que hai outras posibilidades coas que tamén se sentirán guapos. Coido que ás veces, aínda que lles gustaría cambiar, temen ao ridículo, e entón desisto no consello. -¿Que espera acadar con esta nova experiencia profesional? -Estou a facer o que me gusta. Parece máis seguro traballar para outros, pero sempre fun arriscada e espero lograr o éxito no meu negocio.