A tiradora cambadesa Araceli Bugallo clasificouse o pasado sábado en Santiago para o vindeiro Campionato de España de Espada. Fíxoo pese á súa discreta actuación no Ránking Xacobeo Compostela, segunda e derradeira proba clasificatoria para as duelistas galegas, á que acudíu medio cento de especialistas de Galicia, de Portugal, e tamén unha holandesa.
Bugallo caeu nos cuartos de final, cun axustado 15-13 ante unha adversaria portuguesa, sendo unha das principais damnificadas da condición de open internacional da cita compostelá.
O primeiro posto a finais de novembro na proba disputada en Lugo valeulle á cambadesa para amarrar o pasaporte ao Campionato de España, que como cada ano se celebrará no mes de xuño.
Araceli sacouse o domingo a espiña do pinchazo coa lusa cun segundo posto na proba de veteráns, disputada no mesmo escenario. A colombiana afincada en Vigo Rosa Cano foi a única quen de superar a tiradora arousá, que repetíu o axustado 15-13 do día anterior.