A Escola de Teatro de Valga arrincou esta semana novo curso e o fai coa motivación que supón ter participado na rodaxe dunha curtametraxe que vén de ser premiada en Calahorra. Trátase de Campás , do director Jairo Iglesias, quen elixiu Valga para recrear o escenario dunha batalla da Guerra Civil. Juan Ramón Angueira participou coma figurante.
-¿Como foi a experiencia?
-Moi interesante, aprendes moitas cousas novas.
-Teño entendido que era a súa primeira incursión e do resto do grupo no cinema ¿Cine ou teatro?
-Son diferentes. No cine é todo a base de repetir moito, é máis laborioso. O teatro é..., máis cercano.
-¿Preparados para repetir?
-Totalmente, a pesar de que foi unha intervención moi breve, nos impresionou moito. Sobre todo o da maquillaxe.
-Acaban de empezar temporada ¿que proxectos teñen?
-Queremos preparar unha obra para representar no Nadal en colaboración coa asociación de discapacitados Asmivalu. Nós levaremos o peso dos papeis pero eles farán de figurantes e a ver se poden facer algunha frase.
-Esta escola é recente ¿como afrontan esta nova etapa?
-Empezamos hai tres anos e temos dous grupos. Un de rapaces, con 15 e 16 nenos, e outro de adultos, de 12 persoas. Imos pouquiño a pouco, somos autodidactas e deixámonos levar pola intuición.