08 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Antón Paz atópase en Alacante para participar desde mañá e ata o domingo na derradeira cita da Ishares Cup, un circuito a nivel europeo no que compiten catamaráns de 40 pés. Máis ou menos o dobre do tamaño do Tornado.
O regatista vilagarcián participa na cita atendendo aos seus compromisos publicitarios xunto co seu xa ex compañeiro olímpico Fernando Echavarri. Con eles, nunha tripulación de catro integrantes, atópase tamén o vigués Jaime Arbones, con varias edicións da Copa América ás súas costas.