A historia repítese, e o Vilalonga quédase sen triunfo pese a poder gañar con contundencia

La Voz

AROUSA

Desesperado debe de estar Gabi Leis, que onte veu por quinta vez como se lles escapaban os tres puntos ao seu equipo despois de dominar a pracer o choque de turno, e de dispoñer de numerosas ocasións para acadar un cómodo resultado ao seu favor.

Ante un Cultural Areas moi ordeado, pero que só chegou nos seus dous tantos, o Vilalonga dispuxo de acercamentos con perigo á portería rival durante os 90 minutos de xogo. Un erro garrafal de Nano nun balón en longo permitíulle a Nandi asinar o 2-2. Cando menos, nesta ocasión o Vilalonga deu puntuado.