22 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
O Agnusdei Meaño iniciou a pasada fin de semana a nova tempada co seu primer partido de Copa. Un torneo a unha única volta, con dous grupos de seis equipos cada un, cuxos gañadores disputarán a final tras a conclusión da Liga de Segunda Autonómica.
Cun resultado final de 26-22, o cadro meañés impúxose o Pabellón de Ourense nun encontro que os locais dominaron de comezo a fin. O seu adversario tan só foi quen de reaccionar na fase final da primeira parte, que chegou a empatar a 12. Javi Dávila, unha das novas fichaxes do Agnusdei, foi o mellor con 12 goles. Chapela, Narón, Pontedeume e Lavadores son os outros rivais na Copa.