12 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
«Realmente tiven bastante sorte. Na miña vida laboral nunca estiven no paro máis ca un ano, e porque mo pedín eu voluntariamente». Anxos Sumai comezou a traballar ao día seguinte ao saír da universidade cunha bolsa do Ministerio de Educación na biblioteca provincial e Pontevedra. De aí pasou ao museo da Deputación, onde coñeceu a Filgueira Valverde. O intelectual, que sabía da obra literaria de Anxos, levouna con el ao Consello da Cultura Galega cando foi nomeado presidente da entidade. Traballadora fixa desde comezos do novo milenio, a catoirense compaxina o emprego que sempre soñou, o de bibliotecaria cun mundo de libros ao seu alcance, co de escritora, a que, di, é a súa condición natural.