«Teño uns fillos magníficos. Esa é a verdade»

La Voz

AROUSA

Onde quera que vaia, a Digna acompáñana sempre dúas ausencias: a da súa filla, Susi e a «dunha netiña que me faltou cando aínda era unha nena». Arrastrando esas penas, que fan que as bágoas lle esvaren polas meixelas, esta muller enfróntase cada día á vida buscando motivos para seguir adiante. Atópaos no seu traballo e atópaos, tamén, na ampla familia que a rodea e que a enche de agarimo. «Teño uns fillos magníficos. Esa é a verdade. E uns netos marabillosos», asegura. Da carne da súa carne non pode dicir máis que cousas boas. Alfredo, o fundador de Insuíña, do acuario e dos barcos de pasaxe, é «creativo, imaxinativo». Sira, interventora en Caixanova, «traballadora, voluntariosa, está atenta a todo».