Carlos Ledo recuperou a adega Os Barriles para a causa da hostalería vilagarciá o 15 de maio, a tempo para festexar Santa Rita. Non é que as celebracións desen para moito, porque o tempo o certo é que non acompañou. Tampouco Carlos é un recén chegado ao oficio. Por algo súa muller, Marián, e a súa cuñada Marta dirixen dende hai oito anos A Perla, refuxio imprescindible para quen frecuenta a rúa Ramón e Cajal.
-¿Que hai de novo nos Barriles?
-Agora ofrecemos tapas, racións e tamén comidas por encarga e comidas de empresa, menús. Un pouco de todo, a partir das nove da mañá.
-¿E vaise notando isto da crise?
-Home, digamos que a situación e normal. O que máis saída vai tendo son os viños de barril, por exemplo. Os Barriles é un dos poucos sitios de Vilagarcía nos que aínda podes tomar un ribeiro en taza, algo que vai desaparecendo do resto dos bares.
-Teñen, ademais, boa terraza.
-O local está en Rodrigo de Mendoza, xusto no fronte do río, así que si é un lugar moi agradable para tomar algo. Sobre todo agora que vén a calor, o sol e mellor tempo. A magoa, durante as festas de Santa Rita, é que a feira de época quedaba na outra beira e que o tempo foi moi malo. Agora vai moito mellor.
-Por certo, ¿o pincho é o mesmo que na Perla?
-O que damos coa consumición si, ¿ou é que non está bo?
-Está de primeira.