A Academia Nacional da Federación Española de Rugbi organiza esta tarde no campo coruñés de Acea de Ma a primeira das concentracións mensuais en Galicia incluídas no seu programa de detección de talentos e de preselección. Dito programa busca formar os 60 mellores xogadores de toda España das categorías sub 16 e sub 21, e axudarlles na súa formación deportiva levándolles un control físico, técnico-táctico e médico nas mencionadas concentracións mensuais.
A esta primeira cita en Galicia foron convocados sete xogadores dos Ingleses: Gambita, Piraña, Bosnio, Martillo, Morris, Pedro e Little Lomu. Xunto a eles, xa no apartado do corpo técnico, figuran os tamén vilagarciáns Chamy Doval, Cachopo Campos e David Losada, que colaborarán con Hugo Serantes no desenvolvemento da sesión de traballo. Esta prolongaráse desde as 16.15 ás 19 horas de hoxe.