«A xente está confundida sobre o que é un serán, pode bailar todo o mundo»

AROUSA

18 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A agrupación de baile rexional Paradanda, da asociación cultural Mecos-O Grove, organizou para este sábado o seu segundo serán. A cita será na praza do Corgo, a partir das 21.30 horas.

-¿Que se van atopar os que se acheguen a O Corgo?

-Sobre todo música tradicional. A xente está un pouco confundida do que é un serán. Pensa que só consiste en que bailen os grupos, pode bailar todo o mundo, non hai que pertencer a ningún grupo. Do que se trata é de que veña a xente a pasar unha noite agradable.

-¿Cantos grupos van participar?

-De momento temos cinco ou seis confirmados pero esperamos que apareza algún máis.

-¿E algo de comer haberá non?

-Si, para picar, empanada e máis viño, ata que se acabe. E ao final haberá queimada, todo gratis. Ademais imos poñer un posto para a venda de refrescos e cervexa, a un euro, para recadar fondos.

-Van pola segunda edición ¿como xurdiu a idea?

-Foi o ano pasado. Os da asociación Dorna nos invitaron á Illa ao seus serán e gustounos tanto a experiencia que decidimos organizalo nós.

-¿Que expectativas teñen de asistencia?

-O ano pasado o fixemos en marzo e na casa da cultura, e iso limitounos máis. Esperemos que este ano veña máis xente ao facelo ao aire libre.