O ano pasado, a Xunta e o Concello da Illa puxeron en marcha o programa «O val dos deuses». Unha iniciativa que permite que decenas de mozos visitaran este municipio arousán durante os meses de verán. Este ano a actividade repítese porque, segundo asegura a concelleira Juliana Dios, «o noso programa foi un dos que mellor funcionaron o ano pasado».
-O nome da actividade, dende logo, está ben traído.
-Sí, está moi ben traído. Na Illa somo moitos os que nos apelidamos Dios. De feito, este foi un nome que se lle puxo desde a Xunta en plan identificativo. Realmente foi un nome co que acertaron.
-¿Nótase algo no entramado económico da Illa? Estou pensando na hostalaría...
-Si que se nota, penso que moito. Estamos falando de grupos de 35 rapaces que veñen catro fins de semana seguidos. Ata aquí ven xente de todos os lugares de Galicia, e incluso doutros lados, coma de León. E todos fan gasto aquí porque cenan, comen, teñen os servizo contratados...
-Supoño que a actividade terá tamén un fin promocional, ¿non?
-Efecticamente, diso se trata. O que queremos é atraer a xente xoven para que no futuro sigan vindo, que repitan con nós. Se che gusta un sitio e coñeces a oferta que hai nel, como ir a Carreirón, a Areoso, sempre é máis fácil que decidas volver ao cabo do tempo.»Se