«O máis importante é a transcendencia social da embarcación tradicional»

AROUSA

Fernando Piñeiro Oubiña leva moitos anos entre dornas e dorneiros e nos tres últimos, ademais, estivo ao fronte do órgano máis representativo do mundo da embarcación tradicional en Galicia. Di que chegou a hora do relevo e o seu posto de presidente ocúpao agora Víctor Fernández.

-¿Por que o deixa?

-Primeiro porque se cumpre un ciclo, non está ben perpetuarse no cargo, hai que darlle paso a outra xente. E en segundo lugar, xa persoalmente e familiarmente facíase moi difícil.

-¿O principal logro da súa etapa?

-Para min o máis importante é a transcendencia social que acadou a embarcación tradicional. O traballo das asociacións, o factor comunicación, o feito de ir a Francia (encontros de embarcación) e de ter feito todo isto moi dignamente fixo que chagaramos á sociedade de Galicia. O máis importante foi lograr un hábito de entender a cultura marítima.

-¿Cal é a saúde da embarcación tradicional galega?

-Hai que ter en conta que é un sector que sempre se move en precario pero esa transcendencia da que falaba provoca que haxa feitos e realidades.

-¿Cantas membros son?

-Uns 43 e medrando.

-¿E a federación, como está?

-Tamén sempre está en precario e é baséase no traballo de persoas sen ánimo de lucro, pero economicamente non debera ter ningún problema.