O Arousa Fútbol 7 abre o prazo de inscrición para participar na fase previa do torneo

La Voz

AROUSA

14 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A decimocuarta edición do Arousa Fútbol 7 vén de queimar unha nova etapa coa apertura do prazo de inscrición daqueles equipos que desexen participar na fase previa, o torneo dentro do torneo que pon en xogo catro prazas para a fase final da cita internacional alevín.

A previa disputaráse unha vez máis en dúas quendas. A primeira, a fin de semana do 4 e do 5 de abril, e a segunda, os días 9 e 10 do mesmo mes, Xoves e Venres Santo. En ambos casos, con horarios de 09.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 22.00. O regulamento do torneo será o oficial da Real Federación Española de Fútbol para a modalidade de fútbol 7.

Os clubs interesados poden anotarse ata o 10 de marzo a través do fax (0034) 986 507 998, ou ben na dirección de correo electrónico info@arousafutbol7.com. Os equipos poden sinalar a quenda na que prefiren xogar, que será respectada por orde de inscrición. O custe da participación é de 50 euros por conxunto para gastos de arbitraxes, froita, bebidas e iogures para os xogadores, un máximo de quince por equipo.

A dirección do campionato agarda repetir o número de participantes da fase previa dos últimos anos, entre 70 e 80. Cifras que levaron ao límite a capacidade organizativa dos responsables do Arousa Fútbol 7.