Dous loitadores vilagarciáns, con Galicia en Corea

La Voz

AROUSA

Noutra orde de cousas, os loitadores do Olimpic Raúl Bouzas e Francisco Padín atópanse desde o día 24 concentrados en Corea coa selección galega de taekwondo. Un desprazamento que forma parte do programa de tecnificación da Xunta en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

A expedición galega permanecerá no país asiático ata o vindeiro 7 de novembro, onde traballará diariamente con varios dos mellores taekwondistas dunha das principais potencias internacionais deste deporte. Ademais, a selección participará no cuarto Open Internacional de Corea.