A Fundación da Illa abre o seu programa de inverno

La Voz

AROUSA

A Fundación Deportiva Municipal da Illa de Arousa presentou onte a súa programación de inverno, con actividades para todas as idades.

Para os máis cativos, desde a vindeira semana retomaránse os sábados divertidos para nenos de educación infantil. Unha iniciativa pensada para mellorar a psicomotricidade e a expresión corporal dos rapaces. As clases serán os sábados pola mañá no IES.

Para os nenos de educación primaria ofrécese tenis (xoves de 16 a 19 horas), baile (martes de 16 a 17.30 horas) e multideporte (hockei, freeshbee, béisbol, bádminton ou rugbi, martes de 16 a 17.30 horas). Ademais, a Fundación propón atletismo, patinaxe e actividades na natureza para os menores.

Para os adultos, a programación inclúe aeróbic, aeróbic e mantemento e streching . E para a terceira idade, ximnasia de mantemento e natación. Os interesados poden informarse no Concello dos horarios e dos prezos de cada actividade.