Galego con acento alemán nos salóns de Ravella

La Voz

AROUSA

A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez, acompañada polos concelleiros de Cultura, Xosé Castro Ratón, e de Educación, Susana Camiño, recibiu onte no salón nobre de Ravella a unha vintena de estudiantes alemáns que cursan galego nas súas universidades. Todos os anos se xuntan para facer unha visita de quince días a Galicia, e no seu percorrido deste ano achegáronse, entre outros moitos lugares, a Vilagarcía. Os estudiantes amosaron o seu gran dominio do idioma galego.