O Cambados T.M. participa no Galego Alevín

La Voz

AROUSA

21 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Cambados Tenis de Mesa compite esta fin de semana no Campionato Galego Alevín. Martín Regueiro e Iván Lois abren hoxe a participación cambadesa na cita de Oroso (Compostela) no cadro de equipos masculinos.

Mañá continuarán coa súa participación no torneo no cadro individual, sumándoselle Raquel Martínez na proba feminina. O club arousán confía en ver a Martín Regueiro e a Raquel Martínez no podio individual e no de dobres mixtos.