Na obra de Elías Cochón Rey (Vilagarcía, 1966), a súa faceta como industrial semellaba inseparable do pulo cara a escultura. Ata que un bo día, Elías decide mergullarse na expresión máis puramente plástica e pendurar «cadros», así, con comiñas, na cafetería Pórticos, onde estarán ata o vindeiro 9 de xuño.
-¿Que pasou logo coa escultura?
-Nada, Simplemente que me gusta experimentar. Nestas pezas interveñen dende a pasta de papel ata as faíscas de bronce, o caucho natural, anacos de pneumático e pigmentos varios. Son diferentes, teñen o seu punto.
-É complicado pensar na súa obra sen procurar un toque industrial...
-É certo. Pero teño moitas prostitucións. O meu traballo coa escultura baséase moito na ensamblaxe, é moi industrial. Pero non. Isto é una expresión puramente plástica.
-É raro. Un Elías enmarcado...
-Pero aquí está.
-¿Por que o Pórticos? Por aquí pasou todo o mundo...
-Pasou. O amigo Moncho levaba tempo falándome de facer unha exposición. Evidentemente, non é un espazo axeitado para a escultura. Sempre lle dixen que non ata que non tivese algo acaído neste formato de cadro. Polo demais, é certo, por aquí pasou todo o mundo. Uxío, Chazo...
-¿E a escultura? ¿Parada?
-Non, nada diso. Sigo traballando no volume. Apetéceme seguir coa historia plástica, pero tamén probar con material como vidro e cunchas.