As Ligas de Fútbol Veterano de Pontevedra chegaron a pasada fin de semana ao seu ecuador, co Mecos asentado na terceira praza do Grupo 1 ou División de Honra. O equipo grovense levouse o derbi local derrotando 0-3 o Amanecer, o que lle permite manter o tirón do Poio Comervía, que venceu 0-3 o Hierros Arosa, e do líder, o Merendero, que se impuxo 3-1 ao Cervecería Azor.
Tamén no Grupo 1: A Lama 2-0 Cambados; Boa Vila 0-2 Vilagarcía; Herbello 3-3 Soho Coffee; e O Compadre 1-1 San Pedro.
No Grupo 2 , o Meaño puxo a nota positiva da xornada ao vencer 1-2 ao colista, o Samieira. O Caleiro caeu 3-1 co Hotel Rúas, e o Sisán Feilosur encaixou un 6-1 da man do Pontecaldelas.
O Albariño recuperou o coliderato no Grupo 3 , a costa do seu veciño Castrelo C.D., ao que derrotou 2-4 no derbi local. O Catoira venceu 0-2 na súa visita ao Lusigal de Vilagarcía.
No Grupo 4, o Xocas segue en zona de ascenso ao gañarlle 1-3 ao Beluso. Outros resultados: Vilalonga 2-3 Salcedo; Joyería Riveiro 1-2 Bueu; e Dena 2-2 Huracán. Por último, no Grupo 6 , Abalo e Armenteira perderon pola mínima ante o Playa de Lagos e o Pescados Nieves, respectivamente.