13 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
A agrupación do Liceo-Casino de Vilagarcía foi o único coro invitado á conmemoración do centenario do Himno Galego que tivo lugar o pasado sábado no recinto da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
A coral liceísta, dirixida por Margarita Guerra, interpretou a peza Negra Sombra , antes da intervención do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
A gravación foi emitida algo máis tarde na TVG, concretamente cara ás seis menos cuarto da tarde. Os membros do grupo liceísta amosaron o seu agradecemento pola invitación da Xunta, que, en palabras dos intérpretes vilagarciáns, constituíu «toda unha honra».