Caco e Kiko, no Campionato de España

La Voz

AROUSA

06 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O porteiro do Céltiga Enrique Ríos, Kiko , e o defensa do Vilalonga Carlos Pedrosa, Caco , desprázanse hoxe a Corella (Navarra) co resto da selección galega de fútbol afeccionado para participar na primeira fase do Campionato de España de Seleccións-Copa das Rexións Uefa. O combinado galaico enfrontaráse mañá ao equipo anfitrión ás cinco da tarde, para completar o seu calendario 24 horas despois no partido que o medirá á selección catalana. Ambos encontros xogaránse no Novo Estadio José Luis Arrese.