Levan o nove dunha vella rúa do barrio do Castro coma homenaxe a Vilagarcía, cidade á que pertencen os dezasete grupos musicais que inicialmente forman esta asociación. -¿Cómo xurdiu a idea de crear esta asociación? -Levamos desde maio montándoa Existen moitos grupos musicais en Vilagarcía e tiñamos que facer algo, non só para facer concertos, senón tamén actividades culturais. -¿Ten algo que ver con esa entidade que se ía crear para organizar os locais de ensaio do auditorio? -Si, é esta asociación. Agora estamos en trámites co Concello para ver que se pode facer. No auditorio imos ter dous locais, pero non nos van chegar. A ver se podemos facer algo. Pero en principio o que queremos é buscar a eficiencia e unha orde no uso dos locais de ensaio. -Polo momento son dezasete. -Son dezasete grupos os primeiros que se interesaron. Pero supoño que a raíz daquí se sumarán máis. Son grupos de todos os estilos musicais, toda a xente que se dedica á música amateur en Vilagarcía. -Xa teñen algún concerto en carteira. -Si, en principio imos facer unha especie de circuíto en Vilagarcía, onde tamén imos explicar as condicións da asociación. Pero estamos plantexando a asociación no ámbito autonómico e queremos facer intercambios con outras asociacións galegas para actuar noutros lugares.