Unha nova posta en escena esta noite para todos os públicos

La Voz

AROUSA

24 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Se onte os espectadores non pasaban da adolescencia, hoxe o Centro Dramático Galego repite función no auditorio. Neste caso, a representación será a unha hora máis habitual, as nove da noite.

Quen queira mercar as entradas aínda pode facelo hoxe na billeteira do auditorio por cinco euros. Polo de agora aínda quedan ben delas. Onte, á última hora da tarde, había aínda á venda, polo sistema informático de Caixanova, algo máis de 600 entradas.

Con estas dúas representacións de Noite de Reis ábrese a colaboración entre o Centro Dramático Galego e o Concello de Vilagarcía, despois de que o auditorio vilagarcián fose incluído na rede de Espazos CDG. A partir de agora, a compañía pública galega deixarase ver con maior frecuencia pola capital arousá.

Este primeiro contacto xa non foi de todo mal, tanto na representación de onte coma na pequena función que a compañía Pistacatro fixo antonte no centro cultural do Ramal. A ver que pasa hoxe.