Álvarez e Casal lévanse o Torneo de Tenis Damm Bier

La Voz

AROUSA

04 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Paula Álvarez, en categoría sénior feminina, e Miguel Casal, en sénior masculina, impuxéronse a pasada semana no Torneo de Tenis Damm Bier, organizado polo Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo.

Álvarez, xogadora do club local, derrotou na final a Sara Chaves, e Casal fixo o propio con Carlos Marcote.

O Torneo de Tenis Damm Bier estáse a afianzar entre as principais citas do tenis galego, cunha bolsa de premios de máis de 2.300 euros.