A trainerilla de Mecos, a Santander, e a traíña, a Chapela

La Voz

AROUSA

15 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Mecos debe agardar aínda tres semanas para debutar na Liga ACT. Nembargante, o club presidido por Juan Ramón Outeda non pensa agardar tanto para comezar a tomarlle o pulso á tempada de traíñas. Logo de participar a pasada fin de semana na Regata Todorremo, de modalidad esprint (500 metros), a traíña de Mecos competirá mañá en Chapela no Memorial Paco Fenosa, unha bandeira non puntuable para a Liga do Noroeste, e na que defende o trunfo colleitado no 2006. Ademais, esta tarde as trainerillas cadete e xuvenil de Mecos participan por quinto ano na Travesía La Maruca de Santander. Os xuvenís loitan por repetir as súas tres victorias consecutivas do 2003-2005 (o ano pasado foron terceiros).