12 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
O Concello de Catoira ofrecerá varias actividades con motivo do Día das Letras Galegas. O programa arrinca o martes coa presentación do libro Toponimia de Catoira, de Gonzalo Navaza. O acto terá lugar na casa do Concello, ao mediodía. O mércores inaugurarase a exposición María Mariño. A poeta costureira , na casa de cultura. Ao día seguinte terá lugar un concerto homenaxe á Coral Raíces, coa actuación de Banda de Catoira, na igrexa de San Miguel, ás 19.00 horas. O xoves inaugurase unha estatuta do Bispo Xelmírez realizada pola escola obradoiro. O venres haberá un espectáculo poético a cargo de Yolanda Castaño e ao día seguinte, un concerto da Escola Municipal de Música.