Entrevista | Juan José González Vázquez O líder popular está disposto a rematar coa hexemonía socialista na Arousa
30 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Juan José González ten un carácter tranquilo. Recoñece que lle gusta a calma e o sosego. Pero últimamente a política na Illa anda crispada. As relacións co goberno do PSOE son especialmente malas. -¿Como se levan no PP? -Desde que estou ao frente, as divisións no PP da Illa remataron. De feito, este ano xa non se presenta a candidatura independente, e nós incorporamos a moita xente nova, con ilusión e moitas ganas, á que lle gusta a nosa forma de facer. -¿Que pasou con Molanes? ¿Non daba o perfil que buscaba vostede? -Antonio Otero sempre foi unha persona que aportou moito. Pero nós estabamos por facer unha renovación, e hai xente que ten que marchar para facer sitio. El tivo unha forma moi elegante de saír da lista para facilitar o recambio. Pero o perfil claro que o da. Deuno durante anos, e non se perde da noite para a mañá. -Hai quen di que que este ano poderían usar como sintonía electoral aquelo de «na beira, na beira, na beira do mar...» -....Non entendo a pregunta... Ahh. Polo da asociación... Mira, eu a eso non lle fago caso ningún. Neste tema, o goberno municipal xa non sabe ao que vai a recurrir. Están a convertir o problema, o drama dalgúns veciños, nun tema político. Iso non é xusto. Hai que lembrarlle ao goberno que eses veciños aos que desprecian, se fixeron as casas foi porque alguén lles dixo que ían ser legalizadas. Foron mal orientados, e o alcalde ten que responder por elo. -Moito xogo está dando o urbanismo... -O alcalde parece que se está a dar de conta dalgo que levamos tempo advertindo, que o PXOM non funciona. Que é un planeamento que se fixo para favorecer únicamente a especulación... -Pero foi aprobado por todos os grupos, ¿non? -Si. Foi aprobado por todos. Pero era un PXOM feito a imaxe e semellanza do PSOE, e os demais grupos fomos coaccionados para aprobalo, dicíndonos que se non votabamos a favor casas como as do Cabodeiro non se ían poder legalizar. E mira como está agora ese tema. A verdade é que nesa cuestión meteronnos unha boa mentira... -¿Metéronlla dobrada? -Bastante dobrada, si. Aquí volves darte conta de como funciona esta xente. No concello de Vilanova, cando se viron fóra destes dirixentes, quedaron coa camisa lavada, ben se ve. Vilanova creceu e nós seguimos parados. Afortundamente, os veciños xa non se deixan enganar. -¿Vai ser alcalde? -Eu creo que si -Necesita a maioría absoluta. -Eso témolo claro. Pero penso que a imos conseguir. Por outra banda, teríamos que recordarlle aos veciños que o PSOE e o Bloque sempre se xuntan. Como perden en todos os lados, únense. Así que votarlle a uns é como votarlle aos outros, e viceversa. -¿Non lle preocupa escoitar a Núñez Feijoo dicir que aos alcaldes do PP non lle vai meter medo derrubar casas ilegais? -Non me dá medo, porque a xente do PP da Illa ten moi claro como é A Illa que quere, e está disposta a defendela onde faga falta, facendo entrar en razón a quen estea a gobernar. Somos da Illa, queremos vivir aquí e non imos consentir que ninguén nos bote fóra.