O BNG pregunta no Parlamento sobre a continuidade das escolas infantís de Catoira
AROUSA
O grupo parlamentario do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, vén de solicitar o mantemento das escolar infantís de Dimo, A Baiuca e Abalo, no Concello de Catoira. Lobeira faise eco da polémica e a «alarma» xurdida ante a posibilidade de peche de distas escolas. Para o deputado, a necesidade de manter a escolarización dos cativos o máis preto posible das súas vivendas «é unha reivindicación lóxica por parte dos pais, que pretenden garantir as mellores condicións para o ensino dos seus fillos». Segundo os datos de que dispón o BNG, existen 33 nenos de Catoira, ademais doutros 10, que van precisar ser escolarizados o próximo curso: 13 en Dimo, cunha previsión de sumar 6 nenos máis no vindeiro curso; 13 na Baiuca, con previsión de incorporar outros 3 e 7 en Abalo. «De aí que sexa convinte manter o actual servizo de escolas infantís». Ante esta situación, Bieito Lobeira pregunta cales son as previsións para estes centros, de que informes de matriculación dispoñen ao respecto e que medidas se van adoptar para garantir a continuidade das escolas.