«Baraka!» abre a tempada teatral en Vilagarcía

Begoña Paso VILAGARCÍA

AROUSA

Reportaxe | Comeza o programa do auditorio Este semestre haberá ópera, ballet e moito teatro. Hoxe estrea o programa unha historia de reencontros entre amigos, con traizón incluida, con Toni Cantó no cartel

18 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? obra que hoxe se presenta en Vilagarcía dentro da programación cultural do Concello e Caixanova (21.00 horas) está interpretada por Toni Cantó, Juan Fernández, Juan Carlos Martín, Marcial Álvarez e Sonia Ofelia. O texto conta a historia dun grupo de amigos, inmersos todos eles na denominada crise dos corenta, que se reencontra despois de varios anos sen ter noticias os uns dos outros. Con sentido do humor e con ton mordaz, os personaxes retratan nas súas conversas a época actual, satirizando a moral política, a superficialidade do arte ou a dureza no trato social, e todo elo con diálogos áxiles e inxeniosos e xiros inesperados que manteñen o pulso da historia ata o seu desenlace. A representación chega a Vilagarcía tras ser representada con éxito en varios países de Europa e en España. A obra, escrita pola recoñecida autora holandesa María Goos, estreouse no 2002 en Amsterdam, onde obtivo varios premios e foi vista por 62.000 espectadores. A adaptación ó cine de Baraka!, traducida ó español como Cloaca , fíxose un ano despois, e foi galardoada por partida dobre no Festival de Cine Holandés. O prezo das entradas é de 15 euros na zona A, 13 na B e 11 na C.