O Pombal Os Reis Magos tamén pasaron pola localidade vilagarciá e repartiron unha morea de caramelos aos nenos. Ao mellor por iso logo non tiñan na Cabalgata da cidade
08 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.O Nadal deste ano trouxo moitas sorpresas en Vilaxoán. Non só polos moitos agasallos que recibiron os nenos da localidade, senón porque desta volta Melchor, Gaspar e Baltasar puideron acudir á localidade vilagarciá para estar cos moitos nenos e nenas que alí se congregaron. Visita á igrexa e reparto de doces Nada máis entrar en Vilaxoán, os Reis chegaron á igrexa parroquial de San Martín de Sobrán, onde foron recibidos polo cura párroco, o bo de don Lino. Houbo quen quixo sacar parecidos aos Magos e chegou á conclusión de que se parecían moito aos irmáns Silva. Concretamente a Moncho, Manolo e Javier, pero ao final quedou claro que non, e que eran realmente Melchor, Gaspar e Baltasar, que sempre hai quen quere liar as cousas. Boa proba de que eran os Reis de verdade é que repartiron moitísimos caramelos. Tantos, que despois, cando foron á Cabalgata de Vilagarcía, faltáronlles e se lles esgotaron a medio camiño, o que provocou que máis dun neno quedara sen caramelos, co enfado dos seus pais. Bo, seguro que se lles pasaría cando viron cantos agasallos lles deixaron de noite, aínda que o mal trago para uns e para outros non o quita ninguén. A Brilat en Afganistán As tropas pontevedresas despregadas en Afganistán non quixeron que a dramática situación pola que atravesa o país borrase a ilusión coa que os máis cativos viven o Nadal. Para elo, nada mellor que botar man dunha tradición tipicamente española: la Cabalgata dos Reis Magos. Deste modo, varios soldados non dubidaron en transmutarse en Melchor, Gaspar e Baltasar, montarse en camelos e, acompañados polos seus correspondentes paxes, percorrer as rúas de Qala-i-Naw. O feito de que algúns dos participantes deixasen medrar as súas barbas «ao máis fiel estilo afgán», tal e como reseñaron dende o Ministerio de Defensa, non pasou desapercibido e pronto escomezaron as bromas. A comitiva causou sensación no orfanato da cidade, onde viven preto de douscentos nenos e nenas.