Solidarios cos pobres de sempre

La Voz

AROUSA

O pombal As desgracias propias non nos deben facer esquecer aos damnificados de toda a vida, os do terceiro mundo; para eles, Solidariedade abriu unha tenda en Vilagarcía

09 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Semella que non é necesario recordar, a estas alturas, que nestas festas de Nadal convén, máis que nunca, mercar os agasallos no comercio local, que se ten que resarcir das perdas polas inundacións. Pero esa solidariedade cos nosos veciños non nos debe facer esquecer que no mundo segue a haber millóns de persoas que nacen pobres, viven pobres e morren pobres. Solidariedade Internacional, como sempre, si se acorda deles, e por iso, abriu de novo, coincidindo coas datas nas que máis hai que gastar, unha tenda de comercio xusto en Vilagarcía que vende produtos dos países máis castigados pola fame, as guerras e os fenómenos meteorolóxicos que agora, seguramente, vemos un pouco máis cercanos. Unha dúcea de voluntarios Este ano a tenda abriu as súas portas no número 2 da rúa Arcebispo Xelmirez, e permanecerá aberta todo Nadal ata o día de Reis, atendida por unha dúcea de voluntarios do Grupo de Apoio de Arousa da oenexé, en horario de 11.00 a 14.00 e de 10.00 a 20.30 horas. Miles de familias dos países máis pobres venden a súa producción a Solidariedade, cunha serie de avantaxes; por exemplo, a relación comercial é a longo prazo, hai unha prefinanciación para que os artesáns, campesiños ou cooperativas non teñan que hipotecarse, e tense en conta o respecto ao medio ambiente, que non haxa discriminación sexual nin explotación infantil. ?endas en Galicia Solidariedade Internacional ten dúas tendas de comercio xusto abertas todo o ano en Galicia, unha na Coruña e otra en Ourense, e en Nadal abre tamén en Vilagarcía, Pontevedra e Lalín. O ano pasado as ventas acadaron os cinco mil euros, unha cifra axeitada tendo en conta que a maioría dos agasallos non superan os dez euros. Pódense encontrar artículos de artesanía, alimentación, prendas de vestir, xoias e xoguetes. Este ano en Vilagarcía a novidade son os artículos procedentes da India, elaborados en cooperativas de mulleres pobres de Nueva Delhi, así como xoias de prata doutra cooperativa de mulleres de El Alto de Bolivia.