Solidariedade Internacional programa no auditorio unha charla sobre Haití
AROUSA
? oenegé Solidariedade Internacional volverá mañá a Vilagarcía para organizar unha nova actividade. Trátase dunha charla sobre Haití na que se poñerá especial énfase nos aspectos que teñen que ver coa sociedade civil e coa cooperación internacional. Esta conferencia está prevista para mañá no auditorio vilagarcián a partir das oito da tarde. Esta actividade forma parte dun ciclo que se está desenvolvendo en varias localidades de Galicia sobre a situación en Haití. Todas elas contan coa presencia de Stervins Alexis, responsable de Solidariedade Internacional nese país, e coa de Pierre Louis, da fundación Fokal de Haití. O ciclo cerrarase o sábado en Poio, onde se celebrará un encontro con asociacións. Será ás once e media da mañá no Casal de Ferreirós. Ao mesmo tempo, a oenegé comeza xa a cavilar no Nadal. De cara ás próximas festas, Solidariedade Internacional recomenda regalos de comercio xusto e tamén caramelos de froita de comercio xusto. Sen dúbida, un xeito de non perder os costumes desas datas e, ao mesmo tempo, de facer un xesto solidario.