11 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
?sta fin de semana cheira a castañas asadas en moitos currunchos. No Grove e na Illa de Arousa tiveron onte os seus respectivos magosto e hoxe será en Oubiña (Cambados), a partires das cinco de tarde, a conta da Asociación de veciños San Vicente. O vindeiro venres haberá magosto por partida dobre en Vilagarcía. A asociación de amas de casa «O noso lar» o acompaña con cea-baile no Liceo-Casino (21.00 horas). O prezo de asistencia é de 30 euros e e o prazo de inscrición remata o mércores. As mulleres rurais «Illa de Cortegada» tamén organizaron un magosto para o venres, en Carril, coa colaboración da concellería de Cultura, a asociación Rompetimóns, confraría e Gato Negro.