Os voluntarios de Protección Civil de Cambados colaboraron na noite do martes nas tarefas de auxilio dos automobilistas que sufriron dous accidentes de tráfico nas rúas de localidade. O primeiro tivo lugar sobre as once e media da noite, no lugar do Freixo, en Ribadumia. Un veciño de Vilagarcía que conducía un vehículo despistouse e non viu a un motorista que circulaba en dirección de Ribadumia cara Meis. O coche chocou contra a moto e resultou ferido a rapaz que a conducía, Cristóbal A.B., que foi trasladado ao Hospital do Salnés con feridas en diversas partes do corpo. No operativo participou tamén a Garda Civil de Pontevedra. Control de alcoholemia Sobre as doce e cuarto da noite, os voluntarios de Protección Civil foron requeridos por outro accidente no lugar do Brexo. Un coche que circulaba desde Castrelo en dirección a Cambados bateu contra outro que estaba aparcado. Segundo informou Protección Civil, o condutor dou positivo nun control de alcoholemia.