A Illa programa un inverno cheo de música, teatro e maxia

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso VILAGARCÍA

AROUSA

MARTINA MISER

En dous minutos | Programación cultural Dende o 27 de outubro ata o 18 de maio, o Concello organiza todo tipo de actividades para animar as noites dos venres

21 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Este é o terceiro inverno que o Concello da Illa programa un infinidade de actividades para animar as noites dos venres. No programa que onte presentaron o alcalde, Manel Vázquez, o concelleiro de Cultura, Ramón Suárez, e Avelino Cores, responsable de Faber Produccions, hai actuacións para todos os gustos. Desde os mellores contacontos ata os máis orixinais magos, sen esquecerse, por suposto, da mellor música en directo. O Concello da Illa será o escenario ao que todos os venres se subirán os mellores artistas do panorama galego. A entrada a todas estas sesións será completamente gratuíta, xa que as actividades están financiadas polo Concello. A hora de comezo variará entre as nove da noite e as once, dependendo da actuación. O encargado de inaugurar esta tempada de inverno será o grupo Trem Fantasma, que actuará o próximo venres ás once da noite. A súa música servirá de homenaxe de despedida a súa violinista, que en breve marchará a traballar a Berlín. Unha semana despois será o conta contos Ricardo Barreiro o que se encargue de deixar unhas notas de humor co seu espectáculo. Pouco a pouco, semana tras semana, polo concello isleño pasarán artistas coma Cándido Pazó ou Alberto Cunha. E tamén grupos de música da talla de Creole King, un trío acústico que dedica a súa xira ao aniversario da morte de Elvis, ou do Aguardiente Swing Quartet, un dos mellores de España no seu xénero. O programa inclúe, ademais tres funcións de música clásica apta para todas as idades.