O ballet de Víctor Ullate porá en escena esta noite (21.00) horas, no auditorio municipal de Vilagarcía, o seu espectáculo El Sur . As entradas dispoñibles -o mércores xa se venderan dúas terceiras partes das que se puxeron á venda- poderanse mercar durante todo o día no despacho do auditorio a precios de 18, 15 e 12 euros, dependendo do lugar da butaca. En verbas do propio Víctor Ullate, a montaxe que se presenta en Vilagarcía é unha historia de amor e entrega, pero tamén unha historia de medos, lamentos e odio. El Sur escenifica a vida dunha muller e un home unidos baixo unha alianza eterna e de como esa unión se deteriora ata acadar o estado de infelicidade. Esta actuación se inclúe no convenio cultural no que participan Concello e Caixanova durante todo o ano.