ENTREVISTA | Blanca Cao
04 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?ai anos que a praza de abastos do Grove navega no mar dunha certa decadencia. O cambio dos modos tradicionais de facer a compra, unido á competencia de novos establecementos foi apagando aos poucos a actividade do mercado. Para facer fronte a este devalo, os vendedores veñen de asociarse para comezar a introducir cambios. Onte, o colectivo presentouse en sociedade. Blanca Cao Barral é a súa presidenta. -A verdade é que si precisamos darlle un pouco de vida á praza. -¿Como é que se veu abaixo? -Ben, non é que estea abaixo. Pero ao haber competencia de supermercados e moita venda por fóra, xente que non está con todo en regra, as cousas foron poñéndose difíciles. Con todo iso temos que rematar, porque a praza está para algo, digo eu. -¿Venden algo máis que os clásicos produtos frescos, peixe, carne e verdura? -Aí está outra cousa que temos que ir mirando. Hai que modernizar un pouco o que lle ofrecemos á xente. Non estaría mal ter aquí unha floristería, unha panadería... Que non só viñesen por queixo e verdura, que puidesen atopar tamén outro tipo de produtos. -¿E a reforma? En Vilagarcía, por exemplo, estase programando unha importante. -Home, a nosa praza aínda non hai moito que a reformaron. E a verdade é que hai poucas como esta. Non hai moitas en Galicia que teñan un espazo para aparcar como a nosa. -¿Que me di da asociación? ¿Había moita desorganización antes? -Si había unha organización. Pero tamén había, e hai, moita xente que vende sen controlar. E o primeiro que temos que conseguir é que todo se faga legalmente, cos controis necesarios e con todo en regra. -As competencias sobre a praza recaen no Concello ¿Que tal con eles? -É o que nos está axudando. A verdade é que están colaborando moito connosco para a creación deste colectivo. -Algo me dixeron de poñer caixeiros perto da praza... -Si, queremos pedirllo ás entidades financeiras que instalen algún. Máis servizos.