Entrevista | F. Culler
21 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?ilagarcía converteuse esta fin de semana na capital da loita contra a SIDA. Medio cento de organizacións que conforman a comisión permanente da Coordinadora Estatal de SIDA (Cesida) fan unha posta en común sobre a situación desta enfermidade e as reivindicacións dos afectados e aproveitan, ademais, para presentar a guía de estilo dirixida aos medios de comunicación. Alí representada está, como non, o comité arousán Ccanvihar, que leva traballando neste eido, desde Vilagarcía, hai anos. Fernando Culler é o psicólogo e o responsable da asociación e con el falamos sobre a evolución que esta enfermidade está a ter no territorio galego. -Non temos datos sobre o número de infectados porque temos impugnado o sistema galego de información sobre as enfermidades de transmisión sexual. Pero temos estimacións, e sabemos que a maior parte das infeccións de VIH chegan por la relacións sexuais e cada vez nos rapaces máis xóvenes. -¿Por que se opoñen a esta especie de censo? -Porque rompe a confidencialidade das persoas. É necesario un novo sistema porque, nesta sociedade, segue habendo discriminacións. Non se teñen por que saber as prácticas sexuais e outros datos íntimos das persoas infectadas. -Co tempo que levamos convivindo coa SIDA ¿aínda existen prexuízos? -Mira, hai pouco que estivemos nun congreso en Barcelona onde se presentou un informe, no que hai participación do ministerio de Sanidade, e nel se di que en todos os campos da sociedade hai discriminación sobre esta cuestión. -A ignorancia é un bo aliado da desconfianza. Parece que aínda sabemos pouco sobre a enfermidade. -Si, aínda segue habendo moita ignorancia e moitos prexuízos arredor desta cuestión. A información é a única maneira de acabar coa SIDA social.