«Ter en Vilagarcía o auditorio é alucinante»

Serxio González Souto
Serxio González VILAGARCÍA

AROUSA

ENTREVISTA | M. Millán

03 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?anolo Millán compaxina a aventura televisiva, fundamental neste albor de século para moitos actores, cunha vea escénica sempre firme. Nestes intres traballa en Madrid, nunha montaxe do Centro Dramático Nacional. -Estamos facendo La buena persona de Sezuan , unha peza de Bertolt Brecht. -¿Sezuan? -Si, é unha historia imaxinaria que se desenvolve nunha aldea china. Unha das parábolas de Brecht, moi semellante á de Sodoma e Gomorra. Como alí, trátase de atopar unha persoa boa e xusta, e para unha o é, andan todos a paus con ela. -Non me diga máis. Con esa cara de boíño que ten, vostede é esa boa persoa. -Caaa. Con esta cara que teño, dis. Pois con esta cara xa ves os papeis que me ofrecen, de policía e de crego. Ademais, é unha muller. -Vaia, entón si que non. -Tampouco creas, Neste tempo de travestismo encantaríame facelo. Je, je. -Oia, e con isto do auditorio, ¿veremos a esa boa persoa en Vilagarcía? -Non vai ser posible, por cuestións de orzamento. O Centro Dramático Nacional ten nestes intres catro obras, e só unha delas poderá ir de xira. Imaxina, na miña somos 23 actores. A iso súmalle técnicos, xente de escenografía. É imposible, pero non pola capacidade do auditorio, senón por isto. -¿Que lle parece o auditorio, xa postos? -Ter o auditorio en Vilagarcía paréceme alucinante. Boa falta facía, e el mesmo, co seu funcionamento e a resposta da xente, está demostrando aquela necesidade. -Se cadra bótase en falta un espazo máis modesto, como o da casa da cultura, que tan ben funcionaba coas compañías galegas... -É un debate que se abriu hai xa tempo. Pero a casa da cultura era pequena mesmo para as compañías galegas. Non tiña nin camerinos, o escenario era moi cativo. No auditorio represéntase nun espazo digno, deseñado expresamente. Ademais, ollo con iso das compañías galegas. Chévere non precisa case publicidade, enche por onde vai. O mesmo pasa con Sarabela Teatro, unha das máis importantes. Coido que gañamos todos.