AREOSO | O |
03 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.SON DESAS afectadas que todos os venres pola noite teñen que soportar os malabarismos de Gayoso ao mando do Luar. Tamén son das que, se quero ver a televisión na miña lingua o domingo pola tarde, a carteleira redúcese a dito programa en diferido. Dende que teño uso de razón podo ver cómo os personaxes máis extravagantes copaban a pantalla da TVG os venres pola noite e cómo Gayoso lles daba cancha cando a min me parecía que se ría ás súas costas. Polo menos esa é a miña impresión. Cos dedos cruzados esperaba eu os ansiados cambios na televisión autonómica nesta temporada de sociatas e nacionalistas ao mando do temón da Xunta. O retorno do Xabarín da miña infancia ou os programas para xente con inquietudes de todas as idades. Polo que me contan, a cousa non vai cambiar moito no que se refire á nova programación. Mentras que recén licenciados en comunicación, produtores independentes e cineastas frustrados pasean a súa arte por locais e baretos de mala morte, «a lúa» e «os martes» seguen pertencendo á parte máis casposa e retrógada do gremio. Aguantamos aqueles que apostamos por un cambio na comunicación e que temos que seguir vivindo baixo noites con lúa. Inda que non nos guste.