En dous minutos | Sesión escénica no Con do Moucho
13 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Quen desexe relaxarse esta noite e pasar unha velada entre risas pode achegarse ata o Con do Moucho, na Illa, para disfrutar dun espectáculo cómico. Será a compañía Teatro Baratto a encargada de poñer en escena a obra Cineclú . A peza está dividida en sketches baseados en diferentes xéneros cinematográficos: cinema mudo, cinema negro, neorrealismo italiano, cinema oriental e ciencia ficción. Os espectadores poderán coñecer, nun decorado que semella unha pantalla de cinema, a Jack e Daniel, amigos da infancia de Humphrey Bogart, ou a Giovanni, un xubilado víctima dunha monstruosa muller e do seu cativo, ou aos tres marcianos que pretenden conquistar a Península. Todo iso con unha comicidade que pode ser entendida por calquera, porque se trata dun humor universal baseado na expresividade, no uso da pantomima e nos coñecementos someros que todo o mundo ten das linguas extranxeiras. A peza está dirixida por Simone Negrin e como actores participan Alberto Rolán, Pepa Yáñez e Xoque Carbajal. A banda sonora foi elaborada por Alfonso Molares. Cineclú estrenouse en xaneiro do 2003, coincidindo coa Mostra de Teatro Independiente da Coruña e representouse tamén en varias cidades de Portugal. A obra escenificaráse no local da Illa a partir desta medianoite. Serán sesenta minutos encadeados de humor, dos que poderá disfrutar quen decida achegarse ata o céntrico local isleño.