TRIBUNA ABIERTA
12 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Polos anos 60 faise o recheo da marisma dos Praceres para instalar, polo Estado, un centro fabril de producción de pasta de papel. Os riscos medioambientais, os de crecemento das poboacións e o impacto foron obviados. A industria de carácter estratéxico, impulso do Estado e saída a producción forestal, comeza a súa andaina coas tecnoloxías daqueles tempos. A presión cidadá fixo cos investimentos en protección ambiental aumentaran. Esto non impediu a condea por delito ecolóxico continuado. Como resposta a novos ordenamentos económicos as empresas estatais pasan a mans do sector privado. Os Estados deixan de ser xestores económicos directos e actúan en economía creando condicións de desenvolvemento. A empresa estratéxica do sector forestal pasa a mans privadas. Na privatización participan entidades financieiras galegas, descoñécéndose se por interese propio ou inducidas dende instancias políticas con promesas de posicións preeminentes no mercado financeiro. A situación actual acelérase a raíz da proposta de aumentar o complexo no mesmo espacio. Quérese implantar unha papeleira. Para elo búscanse socios foráneos e se forza ata o límite a legalidade buscando a declaración de supramunicipalidade e saltándose á «torera» a Lei de Costas, a Lei do Solo de Galicia, a irrenunciable autonomía municipal... Xérase un proceso no que a demagoxia colle corpo: Impídese o cremento industrial, contra a lei; perda de postos de traballo, que non existen; implántase o todo vale porque trátase desta industria, as demais se llles esixe estar dentro da norma. Cando se privatiza a empresa os novos propietarios sabían e saben que adquirían un ben con data de caducidade. Forzar as normas e vontades para prorrogar seu dominio convértese nun obxectivo. Non dixeron nunca que pretendían a longo prazo coa súa actividade ¿Comprar un ben público con caducidade e facelo eterno ¿Queren producir pasta de papel ou queren apropiarse dun ben público?. Si o obxectivo é a producción pasteira e o desenvolvemento do ciclo productivo, non é imprescindible que sexa no mesmo, único e idéntico lugar. O proxecto pode ser aouto no que todos confluamos. Dende os anos 50 a provincia de Pontevedra se destina a producción forestal. Os bens forestais da nosa Comunidade son importantes e son estratéxicos para nosos concidadáns. Toleramos, pola forza, a implantación dun enclave industrial nun espacio privilixiado da nosa Ría. Agora os intereses privados pretenden que esta situación se eternice. Fomos nós os que padecemos de xeito directo as consecuencias dun industrialismo que está a cambiar, hoxe prevalecen os modelos de desenvolvemento sostible. Este é o momento da solidaridade, é tempo de planifica-lo futuro coa cabeza. Temos trece anos. Conciliar Queremos seguir sendo importantes na producción forestal e no desenvolvemento de empresas que dean saída a esa producción. Queremos que a riqueza xerada polos ciclos productivos quede no noso entorno, quremos co valor engadido, froito do esforzo, imaxinación e traballo quede con nós. Para elo queremos xerar un espacio onde a instalación de industrias e seu crecemento controlado e planificado sexa posible. Asemade queremos ter unha cidade e unha ría que poda denvolver tódalas súas potencialidades noutros sectores. Non parece de recibo contrapoñer ambos intereses. Non se pode someter ó chantaxe da inversión nin da política partidista intereses que van máis aló dunha xeración. Conciliar estas visións debe xurdir do diálogo, da tolerancia e da concertación. Sentarse a falar e a deseña-lo futuro de xeito conxunto é a única alternativa razoable. Só iso pode levarnos a que o interese xeral dos pontevedreses e dos galegos se proxecte no futuro. Aí radica a nosa forza para que confluan actuacións do Estado e da Unión Europea, de cara a poder disfrutar dun medioambente san e a desenvolver un tecido industrial sostible e acorde coas nosas riquezas. A solidaridade neste momento pasa por unha mesa de concertación onde se lle dea saída as dificultades prantexadas, onde todos participen e onde o peso da solución non caía só nas espaldas da empresa nin do Concello. Temos que reconducir-lo debate calmo, sereo e responsable a niveis que nos permitan avanzar fuxindo de demagoxias oportunistas. Os pontevedreses temos dereito e podemos esixir aportacións solidarias porque queremos un futuro máis amplo para nós e os nosos fillos.